domingo 03 xuño 2018

O HOSPITAL MIGUEL DOMÍNGUEZ E O ATLETISMO DANSE A MAN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez vén de asinar, xunto á Federación Galega de Atletismo, un acordo de colaboración para a campaña Atletismo e saúde.
Nela promociónanse hábitos saudables para a práctica deste deporte entre os federados da provincia pontevedresa.A campaña fará especial fincapé en concienciar aos deportistas acerca dos beneficios de realizar un recoñecemento médico deportivo para os atletas que compiten en probas locais ou autonómicas, sobre todo en caso dos maiores de 35 anos.O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o xerente de Quirónsalud Miguel Domínguez asinaron o convenio de convenio de colaboración este venres.
Hornillos destacou que «este convenio fortalece un dos eixos máis importantes que esta federación se trazou como é o incidir sobre os hábitos e estilos de vida saudables dos nosos deportistas así como da sociedade galega en xeral».

A Federación Galega de Atletismo é unha das entidades decanas da comunidade, e é a que maior número de deportistas mobiliza anualmente.