domingo 09 setembro 2018

O MÉRCORES FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA NOCTURNA CIDADE VELLA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A sétima edición do circuíto de carreiras saudables Corresan, que consta de catro citas, arrincará o sábado coa proba nocturna Cidade Vella.

A inscrición pode tramitarse a través das páxina web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com. Ten un custo de seis euros para as categorías xuvenil e superiores e é gratuíta para os escolares.

O prazo finalizará o mércores ás 23.59 horas.

Tamén é factible a inscrición para as catro carreiras, cun custo de 24 euros (gratis para as idades inferiores ata cadetes). Inclúe a entrega dunha camiseta conmemorativa e a participación na San Silvestre do 31 de decembro, que non é puntuable para o Corresan.

Os participantes nas categorías sub 18, sénior e veteranos deberán dar dúas voltas a un circuíto de algo máis de 2,7 quilómetros, con saída e meta na Praza do Obradoiro. Para os sub 10 e sub 12 haberá un trazado dun quilómetro, e para os sub 15 e sub 16, 1.750 metros.

Fonte: www.lavozdegalicia.es