martes 30 abril 2019

O PASADO MÉRCORES PRESENTOUSE NO CONCELLO DE BETANZOS A XVII MEDIA MARATÓN VOLTA Á RÍA DE BETANZOS

A alcaldesa de Betanzos María  Barral, o  Concelleiro de Deportes  Andrés Hermida e  a internacional Paula  Mayobre madriña da proba con directivos do Club ” As  vellas  non paramos” presentaban o pasado mércores a Volta  á Ría de Betanzos. 
A proba de 21km con saída e chegada en Betanzos, pasando por Bergondo e Paderne levará a cabo o Domingo día 5 e mantén as súas inscricións abertas ata o vindeiro mércores día 1. 
A  aresa Paula  Mayobre que ademais participará na proba será unha das maiores favoritas e preséntaselle un gran test para a súa preparación internacional. 
Como en pasados anos haberá varios  avituallamientos durante o percorrido, cruzando paraxes como o Pazo de  Mariñán ou a propia ponte do  Pedrido, cortado ao tráfico durante o paso de corredores pola dirección Xeral de Tráfico para a ocasión. 
 Ademais de premios económicos a organización entregará medalla e camiseta conmemorativa da proba e un petisco na chegada para  tod@ s os participantes. 
Lembrade que ata o mércores podédesvos inscribir en  carreirasgalegas.com