mércores 07 marzo 2018

ONDE REALIZAR A INSCRICIÓN PRESENCIAL PARA A C42 E A CARREIRA POPULAR 10K? (Fonte: www.carouna.gal)

O Maratón Atlántica Coruña 42 realizarase na Coruña o próximo 15 de abril. Trátase dunha das datas clave dentro do calendario deste tipo de competicións. Como nas últimas edicións, a inscrición pode realizarse en liña a través da nosa web

Para aqueles e aquelas a quen lle sexa máis sinxelo realizar a inscrición de forma presencial, poderán facelo achegándose ao Departamento de Deportes de El Corte Inglés. Alí, deben cubrir a folla de inscrición e aboar a cota correspondente. Lembramos que o prazo de inscrición termina o 1 de abril. A continuación, especificamos os centros onde os e as participantes poderán inscribirse.

A Coruña
  • Departamento de Deportes (7ª planta) de El Corte Inglés de Ramón y Cajal, 57 e 59
  • Departamento de Deportes (2ª planta) de El Corte Inglés de Marineda City (Estrada Baños de Arteixo s/n. Polígono da Grela)
Santiago de Compostela
  • Departamento de Deportes de El Corte Inglés. (Rúa do Restollal, 50, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña)
Vigo
  • Departamento de Deportes de El Corte Inglés. (R/ Gran Vía, 28, Vigo, Pontevedra)

COTAS DE INSCRICIÓN
Atletas federados/as da Federación Galega de Atletismo participantes no Campionato de Galicia poderán inscribirse de maneira gratuíta. Para facelo, deben acreditalo debidamente. Dentro do prazo ordinario de inscrición ou ata chegar a 1500 inscritos/as, o prezo será de 25 €. Existen diferentes bonificacións que podes consultar na nosa web. Unha vez que remate o prazo ordinario, ábrese un prazo extraordinario de inscrición que se estenderá do 2 ao 8 de abril, cun custo de 40 €.