domingo 02 setembro 2018

PAULA MAYOBRE E ALEJO ARES DOMINADORES DO GALEGO 5 QM

Paula Mayobre do Clínicas Dental Seoane Pampín e Alejo Ares do ADAS Proinor cumpliron os pronósticos e impuxéronse no Campionato de Galicia dos 5 km. acontecido no día de onte no Concello de Vimianzo.

A de Ares que viña de gañar esta tempada o Campionato de Galicia dos 10 km. ruta así como o de Medio Maratón, pon un broche de ouro con este novo título que engadir ó seu palmarés, establecendo, de igual modo, un rexistro de 16:48 o que supón un novo récord galego absoluto da distancia que sustitúe ós 16:55 de Esther Navarrete.

Na categoría masculina victoria para Alejo Ares quen lograría o título autonómico cun tempo oficial de 15:06 e que suma ós seus ouros galegos dos 3.000 m. en pista cuberta, os 3.000 osbtáculos do aire libre e o seu bronce do Campionato de España dos 10 km.

Xunto ós campións, completarían a zona de podio na categoría feminina, Rocío Alvite do Atletismo SAR con 18:33 (e que representa un novo récord galego máster 35) e Laura Santos do A.F. Celta con 19:27 sendo a prata e bronce nos homes para Jorge Puig do C.A.Santiago con 15:25 e Miguel Penedo do 3RUN by PedroNimo con 15:35.

No resto de categorías os gañadores serían os seguintes:

Sub23: Laura Santos 19:27 (A.F.Celta) e Jorge Puig 15:25 (C.A.Santiago)

Sub20: Aida Martínez 20:40 (ADAS Proinor) e Javier Pena 17:07 (Lucus C.R.Galega)

Sub18: Sonsoles Martín 20:12 (ADAS Proinor) e Iván Salgado 16:35 (C.D San Paio A Estrada)

Máster 35: Rocío Alvite 18:33 (Club Atletismo SAR) RÉCORD GALEGO e Amador Pena 16:32 (C.A. O Pino)

Máster 40: Karina Pasarin 20:27 (3RUN by PedroNimo) e Juan Antonio Gude 15:50 (Lucus C.R.Galega)

Máster 45: Inés Papín 19:47 (C.A.Sada) e José Carlos Buján 17:33 (Noitebra)

Máster 50: María Teresa Castro 19:45 (A.Noia) e Samuel José Veiga 16:59 (A.Milladoiro)

Máster 55: María Elisa Paz 23:27 (Egovarros Viveiro) e Juan Carlos Fernández  19:13 (Noitebra)

Máster 60: Mª Esther Martínez 28:14 (C.A.Sada) e Nemesio Gutiérrez 19:18 (Atletismo Friol)

Máster 65: Pilar Hermo 32:31 (La Mochila D.) e Domingo Alvarez 20:58 (Egovarros Viveiro)