luns 15 abril 2019

PKEMOI E FIGUEROA, VENCEDORES (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

Dominic  Pkemoi e Rosario Figueroa proclamáronse vencedores do Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrou onte coa  participción de preto dun milleiro de participantes, unha cifra inferior á prevista. Tamén se celebrou a proba Coruña10, na que se impuxeron Simón González e Mónica Celeiro. O maratón servía tamén para coñecer ao campión galego da modalidade, título que en categoría masculina conquistou Miguel Penedo, quinto na clasificación xeral, mentres que na feminina o título abrazouno Rosario Figueroa, vencedora da maratón.

Preto dun milleiro de atletas competiron nun circuíto homologado pola Federación Española de Atletismo que discorreu polo paseo marítimo e diversas rúas do centro da cidade.

Non houbo sorpresas na categoría masculina e os deportistas kenyanos foron os que pelexaron pola vitoria. Á media hora,  Rutto  Hosea  Kiprotich e  Dominic  Pkemoi xa dominaban a proba.

Os dous xogáronse a vitoria nos últimos metros e na Praza de María Pita, onde estaba a meta, o primeiro en chegar foi  Pkemoi, que deixou o crono en 2 h19:22, con máis de medio minuto de renda sobre o seu compatriota.

O podio completouno Carlos Costa a máis de cinco minutos do vencedor (2 h24:24) e o quinto na xeral, Miguel Penedo, proclamouse campión galego da distancia (2 h35:32).

En mulleres, ninguén foi capaz de aguantar o forte ritmo que impuxo María do Rosario Figueroa, que cruzou a meta en 3 h07:09, con máis de sete minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada, María Rosa Romeu (3 h14:46).

 Búscache na galería da Maratón Atlántica Coruña42 e da Coruña10
Ver Galería
A gañadora proclamouse, ao mesmo tempo, campioa galega e ao terceiro caixón do podio subiu Sara Pita, que terminou a dez minutos e medio.

Os oito primeiros clasificados na categoría absoluta recibiron premios en metálico e ninguén puido facerse cos mil euros que se outorgaban por bater os récords da proba: as 2 h12:21 de Javier Guerra no 2013; e as 2 h40:23 de María Jesús Gestido nese mesmo ano.