venres 07 xuño 2019

PRESENTACIÓN DA IV CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO NO CONCELLO DA LARACHA

O pasado sábado día 1 abriuse o prazo de inscripción na proba deportiva que se celebrará o sábado 20 de xullo, en vísperas das festas patronais do Santiago Apóstolo.
O sábado pola mañá, aproveitando a celebración do Día Do Deporte na Laracha, presentouse a cuarta edición da Carreira Popular do Apóstolo e Andaina saudable e solidaria, xunto ao alcalde, Jose Manuel López Varela e a concelleira de deportes Patricia Bello. En representación da xunta directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño (entidade organizadora) estiveron Juan C. Ramos (presidente) e Rubén Mallo (secretario).
Esta será a cuarta edición deste evento deportivo e solidario que se desenvolve na parroquia de Vilaño, ao lado no nucleo larachés e no cal a asociación organizadora traballa ano tras ano duramente para poder ofrecer a mellor organización posible. Na edición anterior foron preto de 800 os participantes, cifra que agardamos seguir aumentando para consolidar aínda máis esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.
O evento desenvolverase de forma moi similar á edición anterior, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais.
Os percorridos serán iguais ós do ano pasado, estando deseñados para tódolos públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. A metade da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha.
O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17,50 h coas categorías escolares, as 19,00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19,05 h.
As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o mércores 17 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial no Concello de A Laracha (departamento de deportes), Piscina Municipal de A Laracha e Cultiagro. A maiores, os menores de idade terán a posibilidade de deixar feita a inscripción nos propios centros de ensino do concello, aos que a entidade organizadora fará chegar dípticos con ficha de inscripción incluida
O prezo da inscripción é de 5 euros para os maiores de idade e gratis para os menores, tanto na carreira como na andaina. Coa inscripción, os participantes recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do propio evento.