luns 25 xuño 2018

RUBÉN DIZ E VICKY LOSADA POÑEN O RITMO AO CORPUS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Rubén Diz e Vicky Losada foron os máis rápidos na terceira cita do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense, que tomou a rúa do Paseo para desenvolver a Carreira do Centro.
O antelano, vencedor da xeral do pasado ano, non puido asistir á primeira convocatoria do ano no Vinteún, pero tras imporse con soltura no Couto, volveu repetir a faena nas arterias neurálxicas da cidade e en plenas festas. Para iso, tivo que deixar atrás á dupla do Atletismo Arenteiro, José Manuel Corral e Luis Iglesias , que por esa orde o acompañaron no podio, aínda que, Diz logrou entrar cun colchón de quince segundos sobre o segundo clasificado, tras soltar o seu ataque final. Fernando Montes superou a outros habituais do circuíto, como Álex Montero, quinto; Saturnino González, sexto, e Álex Crespo, sétimo.
En canto á clasificación feminina, Vicky Losada foi a terceira gañadora do curso, nun calendario que abriu Begoña Domínguez no Vinteún, para que se impuxese Iria Fernández no Couto. A atleta do Burgas, en todo caso, foi a máis regular neste inicio de tempada e esta vez impúxose con autoridade a Silvia Teijeiro, do Ourense, que a seguiu na liña de meta, con máis dun minuto e medio de atraso. Carmen Arias, do Pato Blanco de Celanova, redondeou un podio que rozaron a citada Begoña, Cristina López e Luz María Domínguez, que chegaron tras elas por esa orde.

Foi unha edición na que o calor tamén lle puxo un suplemento extra ao esforzo dos participantes, cun ambiente de gala no ecuador do circuíto, que precisamente evitará as datas dos meses de verán, para retornar en setembro coa primeira das tres probas restantes, que encabezará a pugna da zona universitaria. Despois chegará a da Ponte a finais dese mesmo mes e, xa en outubro, a da Carballeira, que pechará outro novo cartel de carreiras polos barrios.