luns 04 xuño 2018

SERGIO SÁNCHEZ E PAULA MAYOBRE ALZÁRONSE NO GALEGO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ribeira vibrou onte coa celebración do Campionato Galego de Media Maratón, unha dura proba que foi conquistada por Sergio Sánchez Martínez, do Club Atletismo Unión Guadalaxara, e cun tempo de 1.06.59; así como por Paula Mayobre González, do Clínica Dental Seoane Pampín, que finalizou cunha marca de 1.15.41.Sobre os 21.097 metros tamén brillaron con luz propia outros atletas, como os que compuxeron o podio masculino.

Tras Sánchez, conquistou a prata Manuel Furtado Sanjurjo, coas cores do SG Pontevedra, mentres que o bronce llo gañou Alejandro Fernández Rivera, do Ourense Atletismo.

O podio feminino

No apartado feminino, a Mayobre seguiulle María Jesús Gestido Rodríguez, que competiu por libre. O terceiro caixón do podio ocupouno Sofía Freaza Otero, para o Comesaña Sporting Club.

Atletismo Sar e Comesaña Sporting foron os mellores equipos

Na categoría de equipos masculinos, o Club Atletismo Sar levou o triunfo, seguido do Lucus Caixa Rural Galega e do San Miguel de Marín. Nesta mesma modalidade, pero feminina, a vitoria leváronlla as corredoras do Comesaña Sporting Club, que foron superiores ás do Sar e ás de Egovarros Viveiro. Sofía Freaza foi a única campioa individual nun bloque gañador.

Fonte: www.lavozdegalicia.es