martes 10 xullo 2018

SUPERADOS OS 200 INSCRITOS PARA A III CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO DE VILAÑO – A LARACHA

Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas.

O evento será o sábado 21 de xullo en horario de tarde e as inscripcións permaneceran abertas ata o 18 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha (2º andar) ou na Piscina Municipal.
A cuota é de 5 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas de A Laracha.

Entre os servicios ofrecidos pola asociación organizadora cabe destacar o servicio de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para tódolos asistentes.
A organizción móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscripcións, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos 700 participantes da segunda edición, a cal foi todo un éxito.

O ano pasado foi Michel Antelo e Rocio Alvite os vencedores absolutos da proba, que este ano se presenta con máis competencia, dado que varios atletas de alto nivel xa confirmaron a súa presencia á organización do evento.