luns 28 maio 2018

VITORIA SOLVENTE DE ANTONIO SERRAT NA UNDÉCIMA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ (Fonte: www.farodevigo.es)

21 segundos. Ese foi o tempo que lle sobrou a Antonio  Serrat para proclamarse gañador da  XI edición da Carreira Pedestre de  Campañó que a parroquia pontevedresa acolleu este fin de semana.

A proba volveu ás súas orixes, cun circuíto " rompepiernas" de 2.900 metros máis similar ao das primeiras edicións. E nese terreo complicado, con sectores como a xa emblemática "costa do cemiterio", o atleta do CD San Paio da Estrada foi o mellor.

Serrat foi primeiro en cada un dos tres pasos por liña de meta e mesmo na última volta imposta para completar os 8.700 metros totais marcou un 8:56 co que rebaixou o seu segundo paso por meta (9:01) e estivo preto do seu rexistro na primeira volta (8:43).

O 26:40 de  Serrat foi demasiado para Alejandro Fernández, que asinou un meritorio segundo posto cun 27:01. Terceiro foi  Brais Canosa (27:24) para pechar un podio moi competitivo.
Lonxe do caixón pero nunha meritoria cuarta posición chegou o  poiense Cristian Fernández, non federado, que marcou un 29:17. Quinto na xeral e primeiro no Máster 2 foi Rafael Lubián. Abel Barros, do Atletismo +9 Moraña foi sexto e primeiro Máster 1.

Mentres,  Edymar Brea logrou a  décimosegunda praza, pero logrou ser a primeira muller e tamén a mellor competidora de entre todos os  sub-23 que disputaron a proba. Brea completou os 8.700 metros en 30:51.