xoves 17 xaneiro 2019

XA PODES TRAMITAR A NOVA LICENZA DE RUTA E TRAIL RUNNING

Xa podes tramitar en Galicia a Licenza de Ruta e Trail Running, aprobada pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo e feita conxuntamente coa Real Federación Española e resto de Federacións Autonómicas.

Os ámbitos na que se poderán empregar serán:

  • Autonómico
  • España, Andorra, Pirineo Francés, Portugal e Norte de Marrocos
  • Europa e Marrocos
  • Mundial, agás países en conflicto de guerra
Esta nova licenza representa para os amantes do “Trail Running” un conxunto de importantes medidas nas que cabe citar a ampla oferta deportiva, así como a cobertura sanitaria tanto nos adestramentos como na propia competición.

Normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña e trail 2018 – 2019

Seguindo con este asunto, vense de facer pública mediante a Circular FGA 05/2019 e Circular FGA 11/2019 as condicións ofertadas pola citada Federación no tocante á normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña a trail onde son recollidos todos aqueles aspectos organizativos, económicos e funcionáis destas probas.