martes 10 abril 2018

ZONA DO ATLETA C42 (Fonte: www.coruna.gal)

As/os corredoras/es de Maratón Coruña42 e da carreira 10K terán á súa disposición servizos e facilidades nesta sétima edición do Maratón Atlántica. Todos estes apoios para superar con éxito a proba, comezarán no momento no que a persoa corredora recolla o seu dorsal.

DORSAIS

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City os seguintes días:

  • Venres día 13 en horario de 17:00 a 21:30 horas
  • Sábado día 14 de 10:00 a 21:30 horas.

Tamén se poderán recoller os dorsais o propio día da carreira na zona de meta na praza de María Pita, desde as 07:00 horas. Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións. 

AVITUALLAMENTOS PERSOAIS

Como podo dispoñer do meu avituallamento persoal?

A organización habilitará un espazo na primeira mesa de cada un dos puntos de avituallamento, sinalizada cunha tea vermella, para as persoas que queiran dispoñer do seu avituallamento persoal.

Para os que queiran que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, deberán acreditar a unha ou varias persoas para que realicen esta función, en ningún caso será responsabilidade da organización, nin das persoas colaboradoras que atendan estes puntos.

Que teño que facer?:

1º. Etiquetar individualmente cada unha das botellas co meu número de dorsal e o punto quilométrico no que quero telo dispoñible.

2º. Se quero que mo entreguen na man ao pasar polo avituallamento, teño que acreditar a persoa ou persoas que realizarán esta función. Necesito facilitar o seu nome e DNI e o número do meu dorsal para que me entreguen unha acreditación que a/as autorice a estar no/os punto/s elixidos.

3º. Entrega e depósito do avituallamento persoal:

  • Sábado 14 de abril de 17:00 a 21:00 horas na zona de recollida de dorsais do Corte Inglés de Marineda City (planta de deportes)
  • Domingo 15 de abril, na zona de entrega de dorsais (praza de María Pita) de 7:00 a 7:30 horas.

A organización encargarase de depositar os avituallamentos persoais nos puntos indicados pola persoa corredora con antelación á saída da carreira. Se o participante non acreditou a ningunha persoa, a organización non se fai responsable dos erros que poidan cometer outros/as corredores/as por recoller un avituallamento equivocado.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.Cumpre o regulamento. Sorte na túa carreira!

RUTA BUS ORGANIZACIÓN

Como chego á saída?

Se vés no día pedímosche que aparques no aparcadoiro do C.C. Carrefour ou no C.C. Marineda City, e levámoste en bus á saída. Con iso favorecemos a mobilidade de todos.

Ruta bus organización:

  • 7.15 h. Saída de Área C. Marineda (Marineda City).
  • 7.25 h. Parada en Pol. Industrial A Grela Gambrinus 14 (Hotel Ibis Styles).
  • 7.35 h. Parada en Avda. Alfonso Molina (Carrefour - Coliseum).
  • 7.40 h. Parada en Glorieta Acceso Pocomaco (Hoteis AC e Attica 21 -Matogrande)
  • 7.45 h. Parada en Avda. Alfonso Molina (Estación de Autobuses)
  • 7.50 h. Parada en Catro Camiños Costa da Palloza (Bingo).
  • 8.05 h. Chegada a Porta Real.

Ao finalizar a carreira de 10K e Maratón, con saída en Porta Real ás 12.00 e ás 14.00 h, a organización establecerá un percorrido similar á ruta de ida en sentido inverso.

LEBRES

Haberá 4 lebres en carreira identificadas cun globo e camiseta, para as seguintes marcas:

  • Ritmo 3.15.00: Alejandro Fernández Ramos
  • Ritmo 3.30.00: Xabi Rodríguez Campos
  • Ritmo 3.45.00: Francisco Javier Nigorra Caro
  • Ritmo 4.00.00: José Ramón Fernández López

DUCHAS 

  • 10:00 a 15:00 horas

Atópanse no Acuartelamento de Atocha (situado detras do Concello da Coruña)

Para o acceso é necesaria a presentación do DNI.


Máis información

Fonte: www.coruna.gal