mércores 23 xaneiro 2019

CITA MÚLTIPLE DO ATLETISMO GALEGO NO CIRCUÍTO DO AGUILLÓN (A RÚA), CON CASE 900 PARTICIPANTES (Fonte: www.osil.info)

A Rúa prepárase para acoller na vindeira fin de semana unha das citas máis importantes da tempada de campo a través en Galicia

venres 18 xaneiro 2019

A ESTRADA ALBERGARÁ A GALA DO ATLETISMO GALEGO (Fonte: www.farodevigo.es)

O alcalde da Estrada, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro  Hornillos, tras a que este último afirmou que planea converter a localidade na sede onde se vai a celebrar o próximo mes de marzo a Gala do Atletismo Galego 2019

xoves 17 xaneiro 2019

XA PODES TRAMITAR A NOVA LICENZA DE RUTA E TRAIL RUNNING

Xa podes tramitar en Galicia a Licenza de Ruta e Trail Running, aprobada pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo e feita conxuntamente coa Real Federación Española e resto de Federacións Autonómicas.

mércores 16 xaneiro 2019

MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN NO CROS DE PEDROSO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Náutico de Narón, co patrocinio do  Concello, organizará a primeira edición do  cros popular  Muíño de Pedroso. A competición terá lugar na mañá do domingo. Un total de 329 persoas formalizaron xa a súa inscrición para tomar parte na carreira. 

martes 01 xaneiro 2019

JULIÁN ROMERO GAÑA A TERCEIRA SAN SILVESTRE (Fonte: www.laregion.es)

A III San Silvestre de Ourense deixou un bo sabor de boca aos deportistas que celebraron a marcha do ano correndo.

martes 01 xaneiro 2019

MÁIS DE DOUS MILLEIROS DE ATLETAS DESPEDIRON 2018 Á CARREIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Compostela despediu o 2018 con ceo azul e temperatura agradable, sen rastro de choiva e con máis de dous mil atletas que deron lustre a unha nova edición da San Silvestre, a sexta.

luns 31 decembro 2018

DOCE E PACIOS GAÑAN A CARREIRA DE FIN DE ANO DE ARES E MUGARDOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ataviados con gorros de Papá Noel e outros detalles do Nadal, preto de medio milleiro de corredores botáronse onte á rúa para despedir o ano da mellor forma posible, completando a carreira que promoven os concellos de Ares e Mugardos

domingo 30 decembro 2018

AMADOR PENA E TINA FERNÁNDEZ IMPUXÉRONSE EN PONTECESURES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ao redor de medio milleiro de atletas divididos nas distintas categorías tomaron parte nunha nova edición da Carreira Popular de Pontecesures. 

xoves 20 decembro 2018

II SAN SILVESTRE ORDES, CORRE E ANDA! (Fonte: Concello de Ordes)

O Concello de Ordes convida a todos e a todas a participar na II San Silvestre. Corre e anda. Unha proba organizada conxuntamente co Club Atletismo Ordes, coa que se quere despedir o ano dun xeito divertido á par que deportivo.

mércores 19 decembro 2018

CLASIFICACIÓN FINAL DO VII CIRCUÍTO CORRESAN 2018

Tras a disputa das catro probas do VII Circuíto Corresan, xa podes realizar aquí a consulta da túa posición final no ranking individual e de equipos.